O Senhor Casimiro
Xullo 10, 2008
O meu mediador en Lisboa é o senhor Casimiro. Veciño, zapateiro, e home de case 80 anos. Casimiro ten un pequeno comercio, ó igual que tantos en Lisboa, de reparación de calzado, e venta de zapatos de segunda man. Él comeza a traballar ás 8 da mañá e remata ás 7 da tarde, todavía non sei cando come, pero de parar para media hora. Nin que dicir ten, que a tenda de Casimiro está aberta de luns (segunda feira) a domingo. Cando o saúdo tarda en lembrarse de quen son, pero sempre ten unha sorrisa. Todos no barrio paran onda a súa tenda a saudalo. Todos buscan zapatos que reparar no tempo en que os
zapatos vellos van para o lixo. Está o Portugal dos mall shopping e o Portugal das pequenas tendas,coma a do Senhor Casimiro. Todos a conviver en paz. Os idosos (vellos) portugueses teñen as pensións máis baixas da Unión Europea, seguidos de Hungría e da República Checa. O goberno de Sócrates introduciu o principio de sustentabilidade (esperanza de vida) no cálculo das pensións, o que vai provocará una baixada nas contías futuras das pensións. Para incentivar que se traballen máis anos ou que as cotizacións sexan máis elevadas. O senhor Casimiro vése afectado por esta reforma (social)demócrata, ó non estar xubilado, e quizáis, para chegar aos 300 euros mensuais deba seguir traballando ata os 90 anos. ¿Quizáis o espíritu salazarista non rematou na Revolução dos Cravos?
“A Providência deu-nos o dom de tornar o trabalho necessário e, felizmente, por mais que se progrida e por mais que se acumule, será sempre necessário trabalhar para viver; de outra forma os homens morreriam de aborrecimento, numa atmosfera de vício. Se, apesar desta necessidade e este dever, se chega por vezes a uma situação em que uns são condenados à inactividade para que outros vivam, é porque nós não organizámos bem a vida, ou não conhecemos o segredo de organizá-la melhor -é contrário à natureza das coisas que o trabalho deixe em alguma circunstância de ser factor de riqueza para se converter em fonte de miséria”. (Oliveira Salazar: Como se levanta um Estado, 1937)
