Travessa do Adro, 8, 3º Andar, Esquerdo.1150-001.Lisboa
Xullo 30, 2008
No alto desta pequena costa é onde eu ando a morrar. Alá na Travessa do Adro. Para subires teño dúas opcións: o ascensor do Lavra en eléctrico (o máis antigo de Lisboa, 1882, e declarado monumento nacional) ou as miñas patiñas. A primeira vez que utilicei (as miñas patiñas) pensei que rolaba para abaixo, pero todo é afacerse, se as octoxenarias poden, eu tamén. Descobrín cal é o segredo, unha paradiña nunha confitería a repoñer azucar, e a subida despois é moito máis levadeira. Subindo no ascensor, e sen querelo, produciuse uma conversa sobre se Galiza pertencía a Portugal ou a Espanha. Un portugués dizía que aquelo era Portugal, e que él entendía todo o que falaban os galegos, co cal falaban portugués. A señora asustada repetía: “Meu meninho, vosê nao sabe o que diz, além do Minho está a Espanha, e remata o Portugal“. Que risas, a senhora a dicir que non lle entendía nada ós galegos, e eu que lle falaba en galego, vai a dime: “Vosê sim, vosê sim que fala um bom português, e não os galegos”. Optei por calar, e rirme, o tema dos lindes non chegou ás mans. O certo é que aquí en Lisboa, Galiza elles moi familiar, hai libros traducidos de autores galegos, ensaios sobre a historia de Galiza, e todo o mundo ou estivo ou ten referencias. Os lazos seguen a ser fortes, a pesares de vivir de costas os unhs ós outros. Finalizo decindo, que acá tendes a vosa casa, e seredes ben recibidos/as! Ábrese o tempo de visitas a partires do día 1 de Agosto!

as MBP andaremos por Lisboa a finais de setembro…temos um encontro internacional
Parabéns polo blogue, e desfruta de Lisboa Belén!!
Pois xa estaremos en contacto, pero tenden casa por aquí. Pequena pero xa nos apañamos.
Bicos, e ata pronto!
as risas, si, toda a entrada en xeral.