Museu Efémero

Agosto 11, 2008

As grandes cidades, e Lisboa é unha delas, sempre gardan un pequeno oco para a improvisación cultural e artística. Fronte á sempre inercia repetitiva de eventos veraniegos (Feiras do Libro, Salón do Cómic, Festivais…e un longo etcétera), que de por sí pode ser interesante mantelos, pero que non debían frear novas iniciativas. Os Concellos e Xunta agotan os seus orzamentos de cultura con aquelos éxitos resultóns e xa tradicionais, e para novas iniciativas queda pouco espacio (público, e quizáis tamén privado). O certo é que o Museu Efémero ten como obxetivo ampliar a noción de arte, e convertir as rúas en galerías. A exposición forma parte dun mobiliario urbano con data de caducidade, é espera da recaudación de fondos públicos que volten a reestablecer a orde. Daquela, sepultarán a arte efímera baixo capas de pinturas de cores esvaídas (tipismo portugués). Namentres, a desfrutar desta proposta do Movimento Acorda Lisboa.

Deixa un comentario