Kitty Genovese

Setembro 24, 2008

Hoxe tiven a miña primeira clase de inglés aquí en Lisboa. No ILNOVA, centro de linguas que depende da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas, tes bastantes opcións para escoller. Outro día falarei das línguas e Portugal, ou de cómo funciona aquí a xestión ou o “concepto” de planificación. Pero hoxe tócalle á visión que os propios portugueses teñen de sí mesmos: aterradora. A clase moi dinámica foi unha conversa constante e unha comparativa de cómo funciona distintas cousas en Inglaterra, Portugal e Galicia/Spain. O punto chegou ó máis grotesco, o aumento da delincuencia en Portugal, que achacaban á chegada de brasileiros/as. Sen argumentos racistas, senón máis ben, acusando ó goberno da falta de control. Ó principio, unha contou que lle entraron a roubar na casa dos pais, e que foron buscar á policia, e este díxolles que iría pero que tiña o “car out of petrol“, e que non había presuposto para mercar máis petroleo, co que se o levaban e traían en coche que ía revisar a casa. A cousa seguiu, parecía que era a ver quen a contaba máis tremenda, estas conversas de homes típicas ou de taberna, pois a min, pois eu…pero claro, a unha uns brasileiros claváronlle un puñal nun brazo para roubala, o conto é que chamou á ambulancia, logo ó xulgado, logo pasa un interrogatorio, as de deus e cristo, e dicía que parecía ela a delincuente…Eu só daba pé a dicir: “It is incredible…”, “I can´t belive that“, “Oh, my godness“. Pero é que outra contou coma había un tolo nunha autovía, a tirarlle pedras ós coches, que baixaron cinco e que mallaron nel, que todo era sangue, e a xente mirando…pois ela chamou á policía, e a unha ambulancia, despois chegou a policía, o home parecía morte… que lle di o policía, se ten unha folla de papel para facer o informe, que non ten papel para anotar. Entremedias, e soltaba un: “Incredible“. O conto non rematou aí, ela tivo que ir testificar, interrogatorio, xuízo sete anos despois…unha loucura. Finalmente, concordaban que os portugueses son uns “boitres” e que desfrutan co sufrimento alleo, que se ven a alguén en apuros e non paran a axudalo… “For goodness sake“, dixen eu. Hoxe deuseme por Deus, que se lle vai facer. Eu que pensaba que nós éramos autocríticos e que sentíamos “autodio“, esto non é nada, os de aquí embaixo lévannos moito tramo de distancia.

Despois da clase, camiño da casa, pensaba eu…que non lles podía contar nada semellante, non me tiña pasado nada igual…ata que me din conta de que só hai un lugar perigoso no que sucedan cousas similares: a Facultade de Socioloxía. ¿Onde un mariñeiro con pinta de ser noruego lle roubou no despacho a Antía uns 300 euros, e onde previamente lle tiña roubado a María Villares? ¿Onde se ten roubado tecnoloxía ou desaparecido? ¿Onde se teñen dado misteriosas orxías nocturnas? ¿Onde se teñen consumido máis drogas e pasado? Pois sí, a Facultade de Socioloxía é o máis parecido ó mundo real. E eu pregúntome, ¿non morrería Kitty Genovese nun barrio étnico portugués?, ou peor aínda, ¿perto dunha Facultade de Socioloxía?

Deixa un comentario