Portugal é fartura

Novembro 2, 2008

John Wolf sinala no seu libro “Portugal traduzido” que “a mesa en Portugal não se edifica em torno da comunicabilidade entre os que se encontram para uma refeição. A grande ênfase colocada na fartura da mesa dilacera qualquer tentativa de regime intelectual, e representa para o esagero comportamental e de consumo“. E unha le libros así para entender a estes portugueses tan contradictorios para os nosos ollos. É gracioso ver como á saída das clases de portugués sempre te agasallan con comida no campus. Sen ir máis longe, o outro día repartían uns cereais, pero non un pequeno pacote, non davan un mínimo de 8 paquetes por persoa, e se querías maís, pois máis…fartura. A xente escorregábanlle os paquetes das mans…menuda escena. Pero é fácil ir a un supermercado, e ver vendedores a dicir,leve 5 a metade de precio, que poidas degustar 4 iogures distintos gratis, queixos, e o que desexes, todo para fomentar a compra dos portugueses. E creo que funciona…En fin, creo que algo dos temos do salazarismo está no ambiente, o vello dictador tiña fama de ser moi “sovina” (=tacaño), e que a súa gobernanta María de Jesús alá no Palacio de São Bento puxo un galiñeiro para equilibrar a economía da casa. Será por esto que preto da miña casa, no Campo dos Mártires da Pátria, andan as galiñas e os galos soltos. ¿Quizáis para equilibrar a economía do Concello? Que ben certo é que Portugal precisa de certa traducción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.